{"id":59532,"date":"2023-08-22T10:24:56","date_gmt":"2023-08-22T09:24:56","guid":{"rendered":"https:\/\/nabarralde.eus\/?p=59532"},"modified":"2023-08-22T10:24:56","modified_gmt":"2023-08-22T09:24:56","slug":"o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/","title":{"rendered":"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez."},"content":{"rendered":"<p>&nbsp;<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"460\" height=\"250\" class=\"wp-image-59533\" src=\"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/word-image-59532-1.jpeg\" srcset=\"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/word-image-59532-1.jpeg 460w, https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/word-image-59532-1-300x163.jpeg 300w\" sizes=\"auto, (max-width: 460px) 100vw, 460px\" \/><\/p>\n<p><strong>Unha entrevista de Sara Carou Garc\u00eda e Ux\u00edo-Breog\u00e1n Di\u00e9guez<\/strong><\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.- Cando comezaches coas t\u00faas pesquisas?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Entrei a formar parte do claustro de profesores da Universidade de Deusto, Campus de Donostia, no curso 1973-74. Ao pouco tempo, xunto ao meu colega e amigo navarro, tam\u00e9n profesor, Jos\u00e9 Luis Orella Unzu\u00e9, encetamos unha xeira de conferencias e investigaci\u00f3ns arredor da historia vasca co obxecto da dala a co\u00f1ecer entre o p\u00fablico guipuzcoano. A intenci\u00f3n era divulgar e espallar o pasado vasco entre un p\u00fablico non universitario, \u00e9 dicir, a xente do com\u00fan, que estaba \u00e1vida de co\u00f1ecelo naqueles tempos da Transici\u00f3n en que todo, ou case todo era unha grande novidade, un pasado moi desco\u00f1ecido e deliberadamente deturpado.<br \/>\nLembro que o meu primeiro traballo publicado, froito dunha conferencia sobre do mesmo tema, titul\u00e1base: \u201cNacionalismos e Estatutos de Autonom\u00eda durante a II Rep\u00fablica\u201d. Estudaba nel o proceso dos estatutos vasco, galego e catal\u00e1n perante a II Rep\u00fablica, facendo a mesmo tempo unha an\u00e1lise comparativa tanto do seu percorrido diferencial como dos propios textos.<br \/>\nMais tarde comecei os estudos encol das relaci\u00f3ns entre os nacionalismos galego, vasco e catal\u00e1n, que se concretar\u00edan no nome de resonancia feliz: O Galeusca, a\u00ednda que a primeira nova destas relaci\u00f3ns doouma o 28 de decembro de 1971 un frade capuchino, Frei Xoan de Zumarraga, quen estivera exiliado en Arxentina, co\u00f1ecera a Castelao e participara en actividades das tres comunidades, vasca, galega e catal\u00e1, asentadas en Bos Aires.<br \/>\n<strong>Murgu\u00eda, RGH.- Que historiadores e correntes foron para ti referenciais?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>As correntes que m\u00e1is me influ\u00edu foron a Escola Francesa dos Annales, o marxismo de cerna brit\u00e1nica e o vello humanismo de orixe grecolatina. As tres cond\u00e9nsanse nestes tres pensamentos: \u201chistoria est magistra vitae\u201d (T\u00e1cito), \u201cO Pobo que desco\u00f1ece o seu pasado est\u00e1 condenado a repetilo de xeito tr\u00e1xico\u201d (Marx) e \u201ca incomprensi\u00f3n do presente nace fatalmente da ignorancia do pasado\u201d (Marc Bloch). O nobelo do pasado serve para coser o presente e vestir o futuro e, polo tanto, a historia \u00e9 una arma incruenta cargada de presente e con munici\u00f3n de futuro, malia que alg\u00fans digan que carece de pragmatismo e a desprecen por non ser \u00fatil no senso cremat\u00edstico.<br \/>\nEn canto a historiadores merecen subli\u00f1arse o citado Marc Bloch, Braudel, Pierre Vilar, a quen co\u00f1ec\u00edn xa xubilado en Camb\u00f3 (Iparralde), Josep Fontana, Albert Soboul, Eric Hobsbawm, Thompson, Cristopher Hill, Vicens Vives, Barreiro, Beramendi, Villares, Paco Carballo e xa doutra xeraci\u00f3n m\u00e1is nova, Jordi Cassasas, Agirreazkuenaga, Moradiellos, Sisinio P\u00e9rez Garz\u00f3n, Ux\u00edo-Breog\u00e1n Di\u00e9guez, Carlos Velasco e moitos m\u00e1is, sen esquecer alg\u00fans profesores da Universidade Complutense, onde estudei, como Jos\u00e9 Alcal\u00e1 Zamora, meu director de tesina, M\u00aa Victoria L\u00f3pez Cord\u00f3n, Abilio Barbero, Faci etc.<\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.- Que co\u00f1ecemento ti\u00f1as de Manuel Murgu\u00eda cando comezaches a t\u00faa carreira investigadora?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Practicamente non co\u00f1ec\u00eda nada. So que era o marido de Rosal\u00eda de Castro. Despois lin a biograf\u00eda de Vicente Risco e empecei a investigar na s\u00faa orixe guipuzcoana, publicando un libro encol do tema, co gallo da colocaci\u00f3n dunha placa, en galego e \u00e9uscaro, na Casa de Cultura do Concello de Oiartzun, o 11 de novembro do 2000 en honra da s\u00faa nai, Concha Murgu\u00eda Ega\u00f1a, nacida nesa casa o 3 de febreiro de 1806. Descubr\u00edn un Murgu\u00eda que era un aut\u00e9ntico fen\u00f3meno, pois, ademais, dun farturento pol\u00edgrafo, ti\u00f1a na mente e no coraz\u00f3n a Galicia e foi o primeiro te\u00f3rico do nacionalismo galego. T\u00f3dolos anos, a comezos de febreiro, celebramos unhas xornadas en honor da s\u00faa nai no Concello de Oiartzun. Este ano, incluso, organizamos un recital vasco-galego musicado, con versos de Rosal\u00eda. Para os vascos foi un descubrimento, pois pensaban que era unha chorona, tristeira e pesimista e atop\u00e1ronse con unha muller adiantada ao seu tempo, feminista e reivindicativa, que denunciaba a xustiza, a emigraci\u00f3n e a opresi\u00f3n nacional e social.<\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.- E son diversas as tem\u00e1ticas que tes abordado, non si?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Si. Fun moitos anos profesor de historia moderna e adentreime en temas desa \u00e9poca, publicando artigos encol dos comuneiros, a revoluci\u00f3n dos prezos no s\u00e9culo XVI, a crise do s\u00e9culo XVII, os mouriscos, o arbitrismo, os tratadistas guipuzcoanos dos s\u00e9culos XVI e XVII, Gipukos entre os Austrias e os Borb\u00f3ns, a Ilustraci\u00f3n, as machinadas dos s\u00e9culos XVII-XVIII\u2026 Publiquei tam\u00e9n dous libros dese per\u00edodo: O contexto hist\u00f3rico-estructural do Quixote e a Historia moderna de Euskal Herria. Incluso fixen algunha incursi\u00f3n no mundo antigo encol da crise do Imperio Romano.<br \/>\nEscrib\u00edn alg\u00fans poemarios dedicados \u00e1 mi\u00f1a filla Alda, finada aos 24 anos no 2006, a princesa do meu coraz\u00f3n. Pero advirto que son so un versificador, non un poeta. Os meus versos nacen da acontecementos que me afectan dun xeito especial: homenaxes de amigos, preg\u00f3ns e, sobre todo, pasamentos.<br \/>\nOs anos da mi\u00f1a estad\u00eda como crego na Fonsagrada no bienio 1967-69 induc\u00edronme a escribir un ensaio autobiogr\u00e1fico e etnogr\u00e1fico da bisbarra baixo o t\u00edtulo de \u201cUn crego at\u00edpico na Fonsagrada. 1967-1969\u201d<br \/>\nPero o meu tema preferido ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos \u00e9 o Galeusca, porque considero que un Galeusca forte e unido ser\u00eda o medio m\u00e1is axeitado para acadar o meu so\u00f1o: ver antes de morrer unha Galiza soberana, dona do seu destino.<\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.-Ora ben, a historia pol\u00edtica ten ocupado a maior parte dos teus esforzos.<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Como se pode ver na resposta \u00e1 pregunta anterior o meu tema preferido \u00e9 certamente pol\u00edtico. Considero que a pol\u00edtica, hoxe dabondo desprestixiada, \u00e9 a nobre arte de traballar e loitar a prol do ben com\u00fan dos cidad\u00e1ns. A xeraci\u00f3n dos tempos da II Rep\u00fablica entend\u00edan a que pertenc\u00edan Castelao, Otero Pedrayo, Su\u00e1rez Picallo, Ant\u00f3n Villar Ponte, Manuel de Irujo, Aguirre, Telesforo de Monz\u00f3n etc. Entraron na pol\u00edtica por imperativo \u00e9tico e para servir ao seus pa\u00edses. Por iso, entendo que os estudos encol dese persoeiros e desa pol\u00edtica son unha honrosa ocupaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.-Es o historiador que mais tempo e obras lle ten adicado \u00e1 \u201cTriple Alianza\u201d (1923) e ao \u201cGaleuzca\u201d (1933) . Que significado tiveron aqueles pactos?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Ademais deste dous haber\u00eda que citar varios no exilio: o de 1941 en Bos Aires, o de 1944 en M\u00e9xico, os proxectos de 1945-46, o de 1958 en Bos Aires, o pacto arredista de 1959 en Caracas e outros convenios de menor entidade.<br \/>\nEn canto ao significado?. A mi\u00f1a contestaci\u00f3n \u00e9 a seguinte. O movemento Galeusca foi suscitado ou revitalizado en situaci\u00f3ns estremas ou en tesituras de cambio, \u201ctorpedeamento\u201d, par\u00e1lise, exilio e crise, convert\u00e9ndose nun fito emblem\u00e1tico nos vencellos trinacionais perif\u00e9ricos. Alg\u00fans historiadores atrib\u00faenlle un car\u00e1cter ut\u00f3pico e unha nula ou escasisima operatividade, unha emotiva mitoloxizaci\u00f3n desmesurada e manifestos incumprimentos nos acordos. Emporiso, estas caracter\u00edsticas son as mesmas que en numerosas ocasi\u00f3ns podemos observar nas relaci\u00f3ns e pactos asinados polos Estados nacionais. Estes con fartura e desvergo\u00f1a pasan os seus acordos por onde se cruzan os pantal\u00f3ns, como dic\u00eda moi graficamente o barudo navarro D. Manuel de Irujo. \u00c9 verdade que a recorrencia dunha norma amosa o seu incumprimento. O feito de que o Galeusca se te\u00f1a empoleirado como un fito emblem\u00e1tico recorrente, quizais en verdade pouco eficiente, e se te\u00f1a concretado en pactos ciclicamente asinados, as\u00ed como a reacci\u00f3n enrabechada e o receoso temor que orixina nas fileiras do nacionalismo xacobino hispano, tanto da dereita como da esquerda, demostran algo m\u00e1is que unha simb\u00f3lica referencia. Non haber\u00eda que menosprezar un Galeusca totalmente unitario e perfectamente ensamblado. Este ser\u00eda unha xebre plataforma trinacional perif\u00e9rica para acadar un artellamento reco\u00f1ecido dun Estado plurinacional. Calquera historiador solerte non deber\u00eda esquecer que os nacionalismos non poden diseccionarse coa asepsia anal\u00edtica do puro dado documental escrito ou incluso da transmisi\u00f3n oral. Nos nacionalismos est\u00e1n implicados ingredientes, mitos e aglutinantes non s\u00f3 estruturais ou conxunturais, sen\u00f3n persoais, emotivos e relixiosos, mesmo no senso do religare latino. Estes elementos subxectivos e referentes simb\u00f3licos de forte carga sentimental son capaces de eleva a un Pobo do po da memoria e incorporalo ao carro da historia. A\u00ed vai un exemplo: a campa\u00f1a tan carra\u00f1enta do goberno Aznar contra o nacionalismo vasco in totum, con ataques a s\u00edmbolos e emoci\u00f3ns dos vascos, suscitou un forte apoio a Ibarretexe nas elecci\u00f3ns auton\u00f3micas do 2003.<\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"168\" height=\"300\" class=\"wp-image-59535\" src=\"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/word-image-59532-2.jpeg\" \/><\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.-Que quedar\u00eda pendente de ser estudado no tocante a aqueles pactos tripartitos?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Fican a\u00ednda moitas facianas, sobre todo, alg\u00fans interrogantes moi importantes:<br \/>\nNa II Rep\u00fablica produciuse unha tesitura propicia para transformar Espa\u00f1a nun Estado confederal, porque non se formou nas Cortes un bloque galeusca que o houbera acadado?. Houbera trunfado o golpe militar do 36 nun Estado confederal?<br \/>\nPorque na conxuntura tan axeitada de 1945 non se concretou un pacto galeusca firme? Quen foron os verdadeiros responsables da non sinatura?<br \/>\nCoido que a soluci\u00f3n a estas preguntas doa a\u00ednda para moitos e competentes estudos por facer.<\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.-<\/strong>Est\u00e1 socialmente viva a memoria daquela realidade?<br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Non est\u00e1 o que debera e hai que reivindicalo sempre que se poida, pois como pensaba Castelao \u00e9 un dos mellores xeitos de cambiar o centralismo ferre\u00f1o e tradicional que forma parte do ADN dos espa\u00f1ois. A este pacto p\u00e1salle o mesmo que a outras cuesti\u00f3ns relacionadas ca memoria hist\u00f3rica. Estou radicalmente en contra da amnesia ou alzeimer colectivo que propugna o opio das conciencias, borra a memoria e sega a capacidade de transformaci\u00f3n socio-pol\u00edtica. Por iso, hai que implicarse a fondo na reconstruci\u00f3n da memoria hist\u00f3rica, pois \u00e1 memoria nunca se lle acaba o tempo. Para alg\u00fans a memoria semella unha maleta demasiado pesada. Coido que \u00e9 necesario abrila para alixeirala. O pasado \u00e9 moi rebelde e teimudo. Sempre volve, a veces en forma de lenda. Non vivimos para lembrar, lembramos para vivir. Con raz\u00f3n Castelao denunciaba nunha das s\u00faas famosas vi\u00f1etas, pertencentes a \u201cAtila en Galicia\u201d de 1937, os crimes fascistas con esta lenda:\u201dNon enterran cadavres, enterran semente\u201d.<br \/>\nPor conseguinte, sa\u00fado con fervor e animo aos historiadores novos que se metan de cheo na recuperaci\u00f3n da memoria hist\u00f3rica, tal como reivindicaba Isaac D\u00edaz Pardo. Xa sei que en Galiza hai un grupo numeroso de historiadores (Ux\u00edo Breog\u00e1n Di\u00e9guez, Prada, Viveiro Mogo, M\u00e1iz, Velasco etc) que o est\u00e1n facendo con \u00e9xito o que me alegra enormemente.<\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.-Fas parte do Galeusca Historia, que desde 2008 lembra o hist\u00f3rico \u201cGaleuzca\u201d e deu lugar ao encontro de historiadoras e historiadores galegos, vascos e catal\u00e1ns. Como valoras o traballo realizado at\u00e9 o momento desta iniciativa?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Polo de agora moi positivo. Xa van, co deste ano, catro Congreso Galeusca de Historiadores. Cando comezamos no ano 2008 nunca pensei que se chegar\u00eda at\u00e9 estas cuartas xornadas. O mesmo feito de xuntarnos, co\u00f1ecernos, falar das nosas eivas, iniciativas e proxectos xa \u00e9 enriquecedor. O debate e o di\u00e1logo, \u00e9 dicir, a palabra en movemento intelixente, \u00e9 o que distingue os animais racionais dos brutos, como dic\u00edan o fil\u00f3sofos escol\u00e1sticos. E iso prop\u00edciase nos nosos encontros galeuzcanos.<br \/>\n<strong>Murgu\u00eda, RGH.-Que retos ten por diante este colectivo de historiadoras e historiadores?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Penso que hai que dar un paso m\u00e1is: instaurar unha pol\u00edtica investigadora trinacional conxunta, que insista en varios obxectivos: pescudar as nosas historias nacionais, analizar comparativamente os aspectos semellantes e desemellantes no proceso nacionalizador e estudar as frebas da dial\u00e9ctica entre agregaci\u00f3n-disgregaci\u00f3n no Estado espa\u00f1ol.<br \/>\nQuixera subli\u00f1ar o pensamento de Castelao encol do Galeuzca e da estructuraci\u00f3n pol\u00edtica non so do Estado espa\u00f1ol, sen\u00f3n tam\u00e9n da Pen\u00ednsula. Poder\u00eda aquecer de paradigma, pois integraba un elemento esencial da s\u00faa estratexia, consistente en implantar unha nova cultura pol\u00ectica, centrada na consideraci\u00f3n do Estado espa\u00f1ol como un rico mosaico plurinacional. A \u00fanica plasmaci\u00f3n e soluci\u00f3n real vir\u00eda a trav\u00e9s dunha articulaci\u00f3n confederal peninsular, xa que tam\u00e9n Portugal entrar\u00eda a formar parte integrante desta estruturaci\u00f3n. O seu pensamento poder\u00eda sintetizarse nas seguintes ideas:<br \/>\n-a-O car\u00e1cter plurinacional do Estado espa\u00f1ol, que implicaba necesariamente a soberan\u00eda nacional de cada naci\u00f3n.<br \/>\n-b-O reco\u00f1ecemento e aplicaci\u00f3n do dereito de autodeterminaci\u00f3n para acadar a soberan\u00eda nacional, dereito que implicaba a solidariedade cos demais Pobos ib\u00e9ricos.<br \/>\n-c-Forma republicana de goberno en cada naci\u00f3n, con un r\u00e9xime democr\u00e1tico de liberdades e progresismo social, rexido polo pacifismo e a cooperaci\u00f3n no \u00e1mbito internacional.<br \/>\n-d-A independencia de cada naci\u00f3n ser\u00eda un desideratum final, pero para as naci\u00f3ns pequenas a Federaci\u00f3n ou Confederaci\u00f3n era m\u00e1is axeitada. Polo tanto, o sistema de Estatutos de Autonom\u00eda era un procedemento puramente circunstancial, continxente e temporal.<br \/>\n-e-a articulaci\u00f3n confederal deber\u00eda ser ib\u00e9rico. Polo tanto, abranguer\u00eda tam\u00e9n a Portugal co fin de constitu\u00edr unha Comunidade Ib\u00e9rica de Naci\u00f3ns mediante unha alianza o unha Uni\u00f3n entre elas, libremente elixida por elas mesmas e reversible<br \/>\n-f-Para chegar a ese artellamento confederal ib\u00e9rica o movemento do Galeuzca cumpr\u00eda m\u00faltiplas e primordiais funci\u00f3ns, todas elas vinculadas. Castelao enumeraba as seguintes: control e dominio da pol\u00edtica espa\u00f1ola, mergullo no ideal confederativo, nervio anovador revolucionario para solucionar os contenciosos perif\u00e9ricos, medio eficaz para acadar a liberdade nacional, logro dun harm\u00f3nico equilibrio peninsular dentro da l\u00f3xica diversidade, defensa do dereito de autodeterminaci\u00f3n, salvagarda da soberan\u00eda nacional, eliminaci\u00f3n dunha ollada localista dos nacionalismos perif\u00e9ricos, espallamento internacional da problem\u00e1tica nacional peninsular, apuntalamento pol\u00edtico do r\u00e9xime republicano, ponte imprescindibel para incorporar Portugal \u00e1 confederaci\u00f3n ib\u00e9rica a trav\u00e9s dos vencellos hist\u00f3ricos con Galiza e, finalmente, o galeuzca converter\u00edase nun veh\u00edculo m\u00e1is doado para a entrar no previsibel federalismo europeo.<\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.-Por certo, fas parte do Galeusca Historia como galego, mais tam\u00e9n como veterano historiador e profesor de Historia asentado en Euskadi desde hai d\u00e9cadas. Podes indicarnos se o panorama historiogr\u00e1fico en Galiza e Euskadi son semellantes? E de comparalos con Catalunya?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Se digo a verdade, dende que me xubilei estou moi afastado dos c\u00edrculos acad\u00e9micos, a\u00ednda que debo confesar que na mi\u00f1a etapa profesoral tam\u00e9n andaba dabondo por libre. O que si podo constatar \u00e9 que, a lo menos en Euskadi, ag\u00e1s honrosas excepci\u00f3ns a meirande parte da historiograf\u00eda non circula por canles pr\u00f3ximos ao nacionalismo vasco. D\u00e1me a sensaci\u00f3ns de que certa historiograf\u00eda pontifical est\u00e1 moi supeditada \u00e1s subvenci\u00f3ns oficiais e iso sup\u00f3n orelleiras e limita os eidos da investigaci\u00f3n, cando non os resultados dela.<\/p>\n<p><strong>Murgu\u00eda, RGH.-Por \u00faltimo, que investigaci\u00f3ns est\u00e1 a realizar neste momento?<\/strong><br \/>\n<strong>Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-<\/strong>Estou metido de cheo nos estudo da personalidade de Rodolfo Prada, albacea de Castelao. Para min foi unha sorpresa. Eu pensaba que fora un activista cultural, amigo e albacea de Castelao e pouco m\u00e1is. Em canto empecei a investigar na s\u00faa biograf\u00eda, atopeime com un persoeiro polifac\u00e9tico e poli\u00e9drico, home culto, bo escritor, xornalista competente, fondamente galeguista, republicano, malia o seu conservadurismo ideol\u00f3xico e catolicismno militante, conferenciante, activista cultural e pol\u00edtico, dinamizador da colectividade galega, particpante em numerosas xeiras, mecenas econ\u00f3mico de instituci\u00f3ns como o Consello de Galiza, a Real Academia Galega, o congresso da Emigraci\u00f3n Galega, ou Instituto Arxentino de Cultura Galega. Coido, ademais, que non segu\u00eda a Castelao, sen\u00f3n m\u00e1is bem era Castelao quen segu\u00eda as directrices que Prad lle marcaba no tocante a pol\u00edtica a levar na comunidade galega e nas relaci\u00f3ns com vascos e catal\u00e1ns, \u00e9 dicir, no Galeusca.<\/p>\n<p><strong>Entrevista publicada en Murgu\u00eda, Revista Galega de Historia n\u00ba34 <\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>&nbsp; Unha entrevista de Sara Carou Garc\u00eda e Ux\u00edo-Breog\u00e1n Di\u00e9guez Murgu\u00eda, RGH.- Cando comezaches coas t\u00faas pesquisas? Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-Entrei a formar parte do claustro de profesores da Universidade de Deusto, Campus de Donostia, no curso 1973-74. Ao pouco tempo, xunto ao meu colega e amigo navarro, tam\u00e9n profesor, Jos\u00e9 Luis Orella Unzu\u00e9, encetamos unha xeira [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":4,"featured_media":59537,"comment_status":"open","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[79],"tags":[],"class_list":["post-59532","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-nabarmena"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez. - Nabarralde<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez. - Nabarralde\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"&nbsp; Unha entrevista de Sara Carou Garc\u00eda e Ux\u00edo-Breog\u00e1n Di\u00e9guez Murgu\u00eda, RGH.- Cando comezaches coas t\u00faas pesquisas? Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-Entrei a formar parte do claustro de profesores da Universidade de Deusto, Campus de Donostia, no curso 1973-74. Ao pouco tempo, xunto ao meu colega e amigo navarro, tam\u00e9n profesor, Jos\u00e9 Luis Orella Unzu\u00e9, encetamos unha xeira [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Nabarralde\" \/>\n<meta property=\"article:publisher\" content=\"https:\/\/www.facebook.com\/nabarraldefundazioa\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2023-08-22T09:24:56+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"716\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"716\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"Nabarralde\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:creator\" content=\"@Nabarralde\" \/>\n<meta name=\"twitter:site\" content=\"@Nabarralde\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"Sara Carou Garc\u00eda e Ux\u00edo-Breog\u00e1n Di\u00e9guez\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"12 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"Nabarralde\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a0f064c4a38aaef1b58b785c1d4579f0\"},\"headline\":\"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez.\",\"datePublished\":\"2023-08-22T09:24:56+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/\"},\"wordCount\":2820,\"commentCount\":0,\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/08\\\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg\",\"articleSection\":[\"Nabarmena\"],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/\",\"name\":\"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez. - Nabarralde\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/08\\\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg\",\"datePublished\":\"2023-08-22T09:24:56+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a0f064c4a38aaef1b58b785c1d4579f0\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/08\\\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2023\\\/08\\\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg\",\"width\":716,\"height\":716},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/es\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez.\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/\",\"name\":\"Nabarralde\",\"description\":\"Kultur Ekimenak eta Sustapenak\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/a0f064c4a38aaef1b58b785c1d4579f0\",\"name\":\"Nabarralde\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/8d15af820acecdf93dd9ef2186326ae16943d999ac2e9ee425420f5b54544c99?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/8d15af820acecdf93dd9ef2186326ae16943d999ac2e9ee425420f5b54544c99?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/8d15af820acecdf93dd9ef2186326ae16943d999ac2e9ee425420f5b54544c99?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"Nabarralde\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/nabarralde.eus\\\/es\\\/author\\\/miren\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez. - Nabarralde","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez. - Nabarralde","og_description":"&nbsp; Unha entrevista de Sara Carou Garc\u00eda e Ux\u00edo-Breog\u00e1n Di\u00e9guez Murgu\u00eda, RGH.- Cando comezaches coas t\u00faas pesquisas? Xos\u00e9 Est\u00e9vez.-Entrei a formar parte do claustro de profesores da Universidade de Deusto, Campus de Donostia, no curso 1973-74. Ao pouco tempo, xunto ao meu colega e amigo navarro, tam\u00e9n profesor, Jos\u00e9 Luis Orella Unzu\u00e9, encetamos unha xeira [&hellip;]","og_url":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/","og_site_name":"Nabarralde","article_publisher":"https:\/\/www.facebook.com\/nabarraldefundazioa","article_published_time":"2023-08-22T09:24:56+00:00","og_image":[{"width":716,"height":716,"url":"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"Nabarralde","twitter_card":"summary_large_image","twitter_creator":"@Nabarralde","twitter_site":"@Nabarralde","twitter_misc":{"Escrito por":"Sara Carou Garc\u00eda e Ux\u00edo-Breog\u00e1n Di\u00e9guez","Tiempo de lectura":"12 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/"},"author":{"name":"Nabarralde","@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/#\/schema\/person\/a0f064c4a38aaef1b58b785c1d4579f0"},"headline":"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez.","datePublished":"2023-08-22T09:24:56+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/"},"wordCount":2820,"commentCount":0,"image":{"@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg","articleSection":["Nabarmena"],"inLanguage":"es"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/","url":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/","name":"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez. - Nabarralde","isPartOf":{"@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg","datePublished":"2023-08-22T09:24:56+00:00","author":{"@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/#\/schema\/person\/a0f064c4a38aaef1b58b785c1d4579f0"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/#primaryimage","url":"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg","contentUrl":"https:\/\/nabarralde.eus\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Sara-Carou-Garcia-e-Uxio-Breogan-Dieguez.jpg","width":716,"height":716},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/o-meu-tema-preferido-ao-que-levo-dedicado-os-meus-afans-e-desexos-e-o-galeusca-xose-estevez\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"\u201cO meu tema preferido, ao que levo dedicado os meus af\u00e1ns e desexos, \u00e9 o Galeusca\u201d, Xos\u00e9 Est\u00e9vez."}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/#website","url":"https:\/\/nabarralde.eus\/","name":"Nabarralde","description":"Kultur Ekimenak eta Sustapenak","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/nabarralde.eus\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/nabarralde.eus\/#\/schema\/person\/a0f064c4a38aaef1b58b785c1d4579f0","name":"Nabarralde","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/8d15af820acecdf93dd9ef2186326ae16943d999ac2e9ee425420f5b54544c99?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/8d15af820acecdf93dd9ef2186326ae16943d999ac2e9ee425420f5b54544c99?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/8d15af820acecdf93dd9ef2186326ae16943d999ac2e9ee425420f5b54544c99?s=96&d=mm&r=g","caption":"Nabarralde"},"url":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/author\/miren\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/59532","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/4"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=59532"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/59532\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":59539,"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/59532\/revisions\/59539"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/59537"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=59532"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=59532"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/nabarralde.eus\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=59532"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}